Blog

LIV Concurso de Gaitas do País – Ponteareas 2021

concurso ponteareas

O concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición do 54 Concurso de Gaitas de Ponteareas que terá lugar o sábado 18 de setembro.

Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.

Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección, de raíz melódica galega.

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 10 de setembro de 2021. Os grupos interesados podedes ver as bases no seguinte enlace: http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2021/08/Bases-do-LIV-Concurso-de-Gaitas-2021.pdf

RELACIÓN DE PREMIOS:

– 1º premio 1.800,00 € + unha gaita e un tamboril doados por Artesanía de Galicia

– 2º premio 1.200,00 €

– 3º premio 900,00 €

– 4º premio 600,00 €

O Concello de Ponteareas outorgará unha gratificación de 300,00 euros aos grupos en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a das Bases de Execución do Orzamento Municipal.

Toda a información, bases completas e anexos para as inscricións no seguinte enlace: https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/