Sobre nós

Palletas Iglesias

O artesán de palletas.

Palletas Iglesias inicia a súa actividade como artesán de palletas ( lengüetas dobres de cana) para gaita galega no ano 2015.

Ofrecemos un produto de primeira calidade grazas á selección da mellor materia prima e á esixencia coa que se trata a cada unha das palletas producidas. Dada a importancia que ten o acabado das láminas de cana que constitúen a palleta, utilizamos coitelas que conseguen sempre un resultado uniforme e perfecto.

Palleta Iglesias Do Corral

O continuo contacto cos mellores artesáns de gaitas fai que Palletas Iglesias estea á altura das necesidades de calquera gaiteiro, independentemente do construtor  do seu instrumento.

Palletas Iglesias ofrece en diferentes tonalidades ou afinacións os dous modelos estándar de palletas utilizados na actualidade: as coñecidas como “ palletas cónicas”, ideais para punteiros Seivane, Lis, Afonso Castro, David Cabuérniga, Represas… e as “ palletas cadradas”, recomendadas para punteiros Corral, Gil, Oli, Prieto, Patricia Cela…